mainimg
Código: BS008
-
Espazos Singulares
Localización

Zona verde

Parque Fluvial das Brañas de Sar

Barrio

Sar

Parroquia

San Fructuoso

Información

Historia

Na zona das Brañas de Sar, os socalcos de cultivo chámanselle roleiros e están destinadas á contención do terreo mediante un noiro ou muro de contención para salvar as pendentes ou desniveis e convertelos en terreos de cultivo, coa finalidade de conseguir un mellor aproveitamento agrícola.

Estas estruturas seguen tendo un papel moi importante na paisaxe actual. Probablemente teñen unha considerable antigüidade xa que se construirían ao se xeneralizar o aproveitamento agrícola da zona.

Descrición

O noiro mide 110 metros de longo por 2 de alto e posiblemente era máis longo continuando en dirección sueste. Presenta un muro de contención feito con pedras de cantería e cachotería de anfibolita en todo o percorrido. A parte inferior deste socalco está dedicada a pasto e a superior, que antigamente acollía as terras de labranza, está abandonada, con vexetación de monte baixo e árbores plantadas no noiro. Discorre de forma paralela ao Camiño do Fondo da Braña, comunicando a zona de Cruceiro de Picaños con Pontepedriña.

Fotos actuais


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)