
Zona verde
Parque da Alameda
Parroquia
San Fructuoso
Tipoloxía
Fonte
Cronoloxía
1965
Historia
A sinxeleza desta fonte delata o seu carácter utilitario, pero o feito de que non teña depósito para recoller a auga ou outra estrutura é un indicio claro de que nunca foi pensada para abeberar animais ou encher sellas a diferenza doutras fontes da cidade; o sinxelo traballo da pedra fala dun afán decorativo máis dirixido a encaixar e acomodarse nunha contorna tan natural que a un interese por que a fonte chame a atención de quen pasea. Ten un curioso equilibrio entre a funcionalidade e a adaptación á contorna.
Un aspecto ben relevante desta sinxela peza é a súa funcionalidade dentro do parque; por unha banda ofrece un punto de auga e refresco a quen pasea -algo fundamental nos espazos públicos- e por outro, enriquece a experiencia sensorial da zona ao achegar a musicalidade da auga que cae.
Descrición
Esta sinxela fonte-surtidor está composta por un piar de pedra do que xorde o cano; está ornamentada cun baixorrelevo e pertence a un proxecto para dotar de puntos de auga potable para uso dos paseantes. Hai outras dúas das mesmas características nesta mesma Alameda.
O deseño do relevo e o feito de que non teña pía para conter a auga, danlle á peza un aire moi rústico ou silvestre que é moi axeitado para este lugar.
Bibliografía
José Antonio Tojo Ramallo (coordinador e asesor do estudo histórico), Belén Requejo Alonso (investigadora) e Almundena Cuns Turnes (investigadora). Fontes e lavadoiros do Concello de Santiago. Santiago de Compostela. AQUAGEST. 2002
Eduardo Beiras García. El arte del agua. Compostela y sus fuentes públicas monumentales de la Edad Media al siglo XX.Inédita, A Coruña 2012
Arquivo Municipal. Fondos municipais. Aguas. Mazo 7 Exp. 8
Abel Fernández Otero. As fontes de Santiago de Compostela. Tórculo Artes Gráficas S.A.L. Santiago de Compostela. 1993. Páx.58-59