
Zona verde
Parque da Alameda
Parroquia
San Fructuoso
Tipoloxía
Fonte
Cronoloxía
1965
Historia
En 1965 colocáronse no paseo tres surtidores deste tipo. Caracterízanse pola súa sinxeleza e pola expresividade dos seus elementos ornamentais. Neste caso, a decoración bebe na tradición que podemos remontar á antigüidade, pois xa daquela os mascaróns adornaban fontes, cornixas ou fachadas.
Descrición
Esta fonte ten como función ofrecer auga a quen pasea. É unha peza sinxela, cun cano simple; a súa concesión ao ornamental é o relevo co mascarón, que busca combinar o sentido utilitario cun aire grotesco ou silvestre que harmonice coa contorna.
Bibliografía
José Antonio Tojo Ramallo (coordinador e asesor do estudo histórico), Belén Requejo Alonso (investigadora) e Almundena Cuns Turnes (investigadora). Fontes e lavadoiros do Concello de Santiago. Santiago de Compostela. AQUAGEST. 2002
Eduardo Beiras García. El arte del agua. Compostela y sus fuentes públicas monumentales de la Edad Media al siglo XX.Inédita, A Coruña 2012
Arquivo Municipal. Fondos municipais. Aguas. Mazo 7 Exp. 8
Abel Fernández Otero. As fontes de Santiago de Compostela. Tórculo Artes Gráficas S.A.L. Santiago de Compostela. 1993. Páx.58-59