
Parroquia
San Fructuoso
Tipoloxía
Teatro
Cronoloxía
1841
Autor
Manuel Prado y Vallo
Descrición
O Teatro Principal, obra do arquitecto Manuel Prado y Vallo, foi construído en 1841 no centro histórico santiagués. Hoxe en día é centro neurálxico da programación cultural de Santiago de Compostela, onde se desenvolven festivais como Cineuropa ou Curtocircuíto, e a programación estable de teatro e danza ou a musical, sen esquecer conferencias, entregas de premios ou presentacións dos traballos máis variados de artistas e creadores do panorama cultural galego. O 26 de abril do 2016 o Teatro Principal cumpriu 175 anos.