
Zona verde
Parque de Belvís
Parroquia
San Fructuoso
Nome científico
Liriodendron tulipifera L.
Nome común en galego
Tulipeiro de Virxinia
Nome común en castelán
Tulípero de Virginia
Características
Podemos atopar unha parella de tulipeiros de Virxinia xunto ás terrazas de pedra que soben cara a igrexa do Convento de Santa María de Belvís e nas que ten lugar os martes á tardiña o mercado ecolóxico Entre Lusco e Fusco. Ao outro lado do pequeno xardín aparece outra parella de árbores, neste caso dúas faias púrpura (Fagus sylvatica var. Purpurea).
Orixe e distribución
Esténdese dende Arkansas, Alabama e Florida até Michigan, Nova York e sur de Canadá. É unha especie leñosa moi antiga, que procede do Cretácico, cando crecía xunto a outras estreitamente emparentadas en case a totalidade do hemisferio setentrional.
Dise que o almirante Roland Barrin (1646-1736), Marqués de Galissonière, o trouxo a Europa en 1663, sendo unha das primeiras árbores introducidas de América. Está citado nos Xardíns de Aranxuez en 1808.
Descrición
É unha magnífica árbore que poida alcanzar máis de 50 metros de altura, aínda que en Europa non supera os 30 metros. Tiene crecemento rápido e pode vivir ao redor de cinco séculos.
O madeiro é recto e cilíndrico, con codia aromática, de cor parda agrisada. As follas son alternas, caedizas e de limbo trilobado con bordo enteiro. O lóbulo superior ten un entrante en ángulo aberto. Son de cor verde azulada relucente e adquiren unha tonalidade amarela cobreada antes de caer.
As flores teñen forma de tulipán, de cor amarela verdosa cunha mancha interna de cor laranxa na base. Florecen cara a xuño. Os froitos son sámaras que forman unha especie de piña de cor marrón escura.
Etimoloxía
A etimoloxía do nome xenérico Liriodendron procede dos vocábulos gregos lirion (lirio) e dendron (árbore) facendo referencia a unha árbore cuxas flores parecen tulipáns, máis que lirios. O nome específico tulipifera alude a ser unha árbore que ten tulipáns, de onde así mesmo procede o nome común.
Usos
É unha bela árbore de adorno pola amplitude da súa follaxe e polo colorido dourado que adquiren as follas antes de caer.
A súa madeira é de elevada calidade e ten gran valor, curiosamente é de cor branca nas árbores novas, de cor amarela cando teñen máis de idade e azul nos moi vellos. En ebanistaría denomínalla madeira das Illas Canarias e é moi buscada.
Os indios de América do Norte empregábana para facer grandes canoas ahuecando os seus longos madeiros.