mainimg
Código: AL046
-
Patrimonio
Localización

Zona verde

Parque da Alameda

Barrio

Cidade histórica

Parroquia

San Fructuoso

Información

Tipoloxía

Arquitectura civil

Cronoloxía

1905

Autor

Jesús López de Rego Labarta

Historia

É unha vivenda unifamiliar, con solucións enxeñosas para salvar o desnivel do terreo, sendo os elementos decorativos e os contrastes das formas as que dan equilibrio e sensación de simetría ao conxunto. É a obra que inicia o modernismo na cidade, marcando unha pauta que o mesmo arquitecto seguirá noutros proxectos como son o do predio do Espiño.

Este estilo novo acomodouse moi ben aos novos conceptos de vivenda, vinculados á burguesía urbana, que quere fogares máis amplos e luminosos, con espazos para a convivencia ou a intimidade, xardíns etc., por iso foron máis frecuentes nos incipientes barrios extramuros como o Hórreo, Carreira do Conde, o Pombal ou Castrón Douro.

Descrición

Estamos ante o primeiro proxecto de aire modernista da cidade de Santiago; é obra do arquitecto Jesús López de Rego e foi un encargo doutro artista, o escultor Ramón Núñez Matheu, que tamén interveu achegando ideas e propostas ornamentais.

Destacan os xogos de texturas, as formas rompedoras en xanelas e arcadas, elementos decorativos innovadores que falan dun novo tempo; unha nova concepción da vivenda e do seu lugar na cidade, tamén das posibilidades dos materiais modernos. A ornamentación é exuberante con formas vexetais e eses atlantes/cariátides típicos da arquitectura daquel tempo, que se nos presentan con enorme detalle. Cómpre admirar tamén o traballo da forxa, presente nas varandas, que complementa admirablemente o traballo en cemento e ladrillo.

Fotos actuais


Fotos antigas


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)