mainimg
Código: BO031
-
Espazos Singulares
Localización

Zona verde

Parque de San Domingos de Bonaval

Barrio

Concheiros-Almáciga-Espírito Santo

Parroquia

San Fructuoso

Información

Historia

As sepulturas do xardín da ábsida son o xermolo do Cemiterio Xeral de Bonaval. Neste ángulo da igrexa estaría situado o claustro vello ou Quintana de Frades onde, xunto cos sepulcros góticos situados nas capelas da cabeceira da igrexa, acollían os restos daquelas familias nobres e poderosas que pagaban unha cota anual aos frades dominicos para poder ser enterrados o máis preto posible ao altar da igrexa.

Sen embargo, aínda que aquí repousan importantes persoas da nobreza galega das idades baixomedieval e moderna, como os Moscoso, Osorio ou Altamira, os frades dominicos do convento de San Domingos de Bonaval tiñan o costume de ser soterrados xunto á ábsida da Catedral, no camposanto da Quintana de Mortos.

Descrición

Pequeno xardín refuxiado detrás da ábsida da igrexa do antigo convento de San Domingos de Bonaval, formado por un pequeno recinto estreito e alongado, delimitado pola ábsida principal da Igrexa de San Domingos ademais do muro do convento, tras o que hoxe están as salas de exposición do Museo do Pobo Galego mais que, nos tempos anteriores á desamortización de Mendizábal, estaba ocupado pola Sancristía e a Sala Capitular.

O terreo está ocupado polas nicherías valeiras do antigo cemiterio e unha nogueira que ocupa o medio da pradería. Está situado entre a zona baixa de hortas e do cemiterio, e este espazo conéctase co resto do parque mediante dous accesos:

- Pódese pasar a este espazo desde as escaleiras que hai tras pasar pola Zona da Memoria no antigo Cemiterio Xeral.

- Dende a área das hortas chégase aos restos da Torre do Convento, unha antiga construción de xisto encachotado á que se accede a través dun arco de medio punto que conecta a zona de hortas. Pódese ver aínda unha porta de ferro forxado.

Pola súa disposición pechada e recollida, o recinto está pensado para facer de campo de xogos tradicionais como a petanca, a chave, a ra, a billarda...

Fotos actuais


Fotos antigas


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)