mainimg
Código: par110
-
Parques E Xardíns
Localización

Barrio

Sar

Parroquia

San Fructuoso

Información

Tipoloxía

Xardín urbano

Cronoloxía

2016

Descrición

A Cidade da Cultura conta no corazón do complexo co Xardín Literario, un espazo verde dedicado aos escritores e poetas galegos. Este xardín, que ocupa algo máis dunha hectárea, desprega unha plantación de árbores de 14 especies diferentes que evocan na súa disposición as follas dun libro. Complétase cun pequeno sendeiro, o Camiño dos Libros, e cunha instalación artística xerada a través de placas con citas literarias de autores galegos, rodeado de camelias.

Tapices vexetais, recubrindo con plantas trepadoras paredes de ata oito metros, taludes axardinados cunha rica variedade de especies, un estanque e un mirador configuran un lugar apracible para o descanso e para achegarse ás letras. Ao fondo do xardín e ao abrigo dos ventos, ábrese un espazo –a modo de auditorio ao aire libre- onde celebrar concertos, teatro, recitais e outro tipo de actividades literarias.

O proxecto xira en torno ao concepto paisaxístico de ‘xardín dinámico’, un lugar onde a vexetación está viva e ten capacidade de evolucionar con liberadade no tempo. Respectouse a vexetación espontánea que medraba nese lugar, e botouse man de especies de fácil mantemento. Empregáronse materiais ecolóxicos para o axardinamento, como vigas de madeira ecolóxica.

O Xardín foi deseñado pola arquitecta Isabel Aguirre e o seu equipo da Escola Galega da Paisaxe, e levado a cabo polos traballadores da empresa pública TRAGSA.

Fotos actuais


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)