Zona verde
Parque Eugenio Granell
Parroquia
San Fructuoso
Historia
Dentro do acondicionamento do espazo verde a carón da rúa do escultor Camilo Otero, integráronse diferentes espazos: un deles conta coa vexetación propia de ribeira vinculada ao río Sar, a continuación sitúase unha zona de pradería na que se colocaron algunhas árbores de nova plantación, e finalmente, no ámbito máis afastado do río emprázase este xardín ornamental poboado por árbores, arbustos e herbáceas de fermosa floración.
Descrición
Este pequeno xardín está situado nunha pradería que ten unha lixeira pendente, estando rodeado de camiños e nel sitúanse en varios macizos unha serie de plantas que crean fermosos xogos de cores, formas e perspectivas.
Neste xardín atopamos diferentes árbores e arbustos, nos que a topiaria confírelles formas arredondadas como por exemplo loureiros (Laurus nobilis), érbedos (Arbutus unedo), camelias (Camellia japonica) ou roseiras (Rosa sp.). Tamén conta con plantas herbáceas nas que destaca principalmente a súa floración, como son as hortensias (Hydrangea sp.) ou os agapantos (Agapanthus sp.), que habitualmente combínanse con plantas de tempada.