mainimg
Código: SC004
-
Sendeiros de Compostela
Información

Actuacións

O acondicionamento do Xiro Grande dos Montes levouse a cabo dentro do obradoiro de emprego CREAS IV, un programa de emprego-formación que se centra na aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional por parte de persoas desempregadas maiores de dezaoito anos. Consta dunha etapa formativa en alternancia coa práctica profesional, de 9 meses.

En toda a ruta leváronse a cabo labores de roza de matogueiras, plantación de árbores, eliminación de plantas exóticas invasoras, mellora de pavimentos, execución de puntos de drenaxe, instalación de mobiliario e sinais... A actuación consistiu no trazado e delimitación dunha senda que une os montes rurais do concello:

Etapa 1: Ermida de Santa Lucía - Lavacolla (13,3 km, 4h 25m)

Etapa 2: Lavacolla - A Igrexa (Cesar) (11,3 km, 3h 45m)

Etapa 3: A Igrexa (Cesar) - Carballeira de Nemenzo (10 km, 3h 20m)

Etapa 4: Carballeira de Nemenzo - Igrexa de Grixoa (16 km, 5h 20m)

Etapa 5: Igrexa de Grixoa - Castro Maior (11,1 km, 3h 40m)

Etapa 6: Castro Maior - Portela de Figueiras (9,5 km, 3h 10m)

Etapa 7: Portela de Figueiras - Portela de Villestro (8,3 km, 2h 50m)

Etapa 8: Portela de Villestro - Monte Cruxeiras (9,7 km, 3h 15m)

Etapa 9: Monte Cruxeiras - Ermida de Santa Lucía (8,5 km, 2h 50m).

Descrición

Un ano despois de abrir en xuño do 2021 a senda Xiro Pequeno dos Montes de Compostela, o Concello de Santiago pon en marcha o Xiro Grande dos Montes de Compostela. A actuación enmárcase nas actividades do Obradoiro de emprego CREAS IV.

O roteiro conforma un gran corredor de 97,7 quilómetros de lonxitude que permite gozar de vistas inéditas da cidade desde os seus miradoiros:

Etapa 1: Miradoiro de Marrociños e Miradoiro de Zaramacedo

Etapa 2: Miradoiro de Tras Vea

Etapa 3: Miradoiro do Outeiro

Etapa 4: Miradoiro do Río Tambre

Etapa 5: Miradoiro de Castromaior

Etapa 6: Miradoiro de Espiñeiras

Etapa 7: Miradoiro do Luceiro e Mirador dos Cortellos

Etapa 8: Miradoiro de Cruxeiras

Etapa 9: Miradoiro do Outeiro do Castiñeiriño.

Fotos actuais


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)