image
Programa de actividades “A árbore urbana” para Primaria
5 Marzo, 2018

Co inicio do mes de marzo de 2018, presentamos o novo programa de educación ambiental que o Centro de Interpretación de Parques e Xardíns (CIPX) levará a cabo neste curso 2017-2018 sobre “A ÁRBORE URBANA”. Esta campaña está organizada polo Concello de Santiago de Compostela e xestionada pola empresa Ferrovial Servicios, encargada do mantemento dos parques e xardíns da cidade.

As características deste programa de actividades gratuítas son as seguintes:
Datas de realización: entre os meses de marzo e xuño de 2018 en horario de mañá.
Lugar de realización: no CIPX do parque de Belvís, polo que inclúe o desprazamento ida e volta ao Centro Educativo en microbús.
Destinatarios: alumnado de 2º a 6º de Educación Primaria dos CEIPs de Santiago de Compostela. O número máximo de alumnos participantes por sesión é de 25.

Programa de actividades:
10:00 – 10:30 CHARLA DIVULGATIVA SOBRE AS ÁRBORES DA NOSA CIDADE
Repasaremos brevemente a importancia da presenza das árbores nas cidades, os seus beneficios, funcións e características.

10:30 – 11:30 OBRADOIRO PRÁCTICO
Hai dúas opcións, a elixir polo persoal docente:
– Elaboración dun Caderno de Campo
– Aprendendo a coñecer as árbores mediante o calco de follas

11:30 – 12:00 DESCANSO PARA A MERENDA
Cada alumno deberá traer a súa merenda, posto que non será proporcionada polo CIPX.

12:00 – 13:00 XOGO DE PISTAS DIDÁCTICO NO PARQUE DE BELVÍS
No caso de mal tempo, cambiarase a data de realización de toda a xornada ou realizarase unha actividade alternativa.

13:00 – 13:30 OBRADOIRO DE XARDINERÍA
Preparación e transplante a maceta dunha pequena árbore para que cada participante a leve para a súa casa.

O horario do programa pode ser modificado ou adaptado en función das necesidades do seu Centro Educativo.
O alumnado será guiado en todo momento por un monitor ambiental.
É necesario reservar data coa maior antelación posible, xa que o número de actividades é limitada.

Para a solicitude de actividades e consultas, contacten co 661406965 ou ilopez@ferrovial.com

Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)