image
Renovación das hortas municipais de Cotaredo – Fontiñas
20 Febreiro, 2020

A Xunta de Goberno Local aprobou a apertura dun prazo de dez días hábiles para a presentación das solicitudes de renovación da concesión de uso das hortas municipais de Fontiñas-Cotaredo dende o 19 de febreiro ao 4 de marzo de 2020 (ambos incluídos).

Esta renovación será efectiva até o fin da concesión de catro anos, en xullo de 2021, cando rematarán todas as actuais adxudicacións de uso para volver a convocarse unha nova concesión.

As persoas que na actualidade teñen concedida a autorización de uso poderán solicita-la súa renovación, para o que deberán presenta-la seguinte documentación:

  • Impreso de solicitude debidamente cuberto, polo que se require a renovación da concesión de renovación.
  • Fotocopia do DNI ou NIE

A documentación deberase presentar:

  • No Rexistro Xeral do Concello (rúa Presidente Salvador Allende, 4 – baixo).
  • Centro Sociocultural do Ensanche (rúa Frei Rosendo Salvado, 14 -16 baixo).
  • Segundo o disposto no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)