As segundas charlas formativas sobre agricultura ecolóxica, destinadas aos usuarios das hortas urbanas, así como á poboación interesada no cultivo sustentable da terra, foron organizadas polo Concello de Santiago de Compostela, coa colaboración de Ferrovial Servicios e o IBADER (Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural).
Impartíronse no CIPX (Centro de Interpretación dos Parques e Xardíns) durante o mes de outubro do 2016. Estas charlas están enmarcadas dentro do Plan de Sensibilización Ambiental das zonas verdes da cidade de Santiago de Compostela, e trataron contidos como a preparación do solo e a planificación do horto outono-inverno.