image
Smarter together – Obradoiro de co-creación
20 Outubro, 2017

O programa europeo Smarter Together está liderado polas chamadas “cidades faro”: Lyon, Munich e Viena. Santiago de Compostela participa como cidade convidada e seguidora xunto con Venecia e Sofía, e tamén contan coa  colaboración de Kiev e Iokohama.

Estas cidades agrúpanse para propoñer unha serie de medidas centradas na mellora da calidade de vida dos seus cidadáns, accións que se porán en marcha ao longo de cinco anos. Para iso, estanse a celebrar reunións e obradoiros nestas cidades para coordinar as acción e propostas das diferentes cidades. Co lema «Solucións intelixentes e inclusivas para unha vida mellor dos distritos urbanos», realizáronse intercambios de experiencias e coñecementos enriquecedores para o desenrolo de este interesante proxecto.

Nesta ocasión, Santiago de Compostela exerceu como anfitrioa do evento, cuxas principais actividades tiveron lugar no Centro de Interpretación de Parques e Xardíns de Compostela (CIPX) durante os días 20, 25 e 26 de outubro.

O pasado venres, 20 de outubro, o Centro de Interpretación de Parques e Xardíns de Belvís acolleu a primeira actividade colaborativa do programa. Neste obradoiro participaron arquitectos/as e deseñadores/as, que puxeron en común a súa creatividade baixo o lema de que xuntos somos máis intelixentes.

Coa actividade desta mañá contribuirase a crear a imaxe gráfica do proceso para Santiago e aportarase coñecemento compartido que se poderá desenvolver en Compostela e replicarse noutras cidades.

Páxina web (en inglés): smarter-together.eu

Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)