image
Terceiras Charlas Formativas das Hortas Urbanas: Agricultura Ecolóxica
30 Xuño, 2017

O Centro de Interpretación dos Parques e Xardíns de Compostela (CIPX) volveu a acoller as charlas formativas sobre agricultura ecolóxica, que van xa pola súa terceira edición. Esta actividade consistiu nunha conferencia apoiada en métodos audiovisuais na que se dan explicacións prácticas sobre técnicas de agricultura ecolóxica.

As charlas formativas sobre agricultura ecolóxica están dirixidas especificamente para as persoas usuarias das hortas urbanas municipais de Santiago de Compostela, pero que tamén están abertas ao público en xeral interesado neste tema.

Nesta ocasión contouse co enxeñeiro agrícola Juan Carlos Brea Pallares, quen xa ten colaborado co CIPX en ocasións anteriores noutras charlas de agricultura ecolóxica. Juan Carlos falou sobre os TRATAMENTOS FITOSANITARIOS NA AGRICULTURA ECOLÓXICA.

Esta charla tivo lugar o venres 23 de xuño pola tarde, de 18:00 a 20:00 horas, e repetiuse o seguinte venres, 30 de xuño, no mesmo horario, polo que os asistentes puideron escoller unha data ou a outra segundo mellor lles conviña.

Esta é unha actividade gratuíta, organizada polo Concello de Santiago, Ferrovial Servicios e o IBADER da Universidade de Santiago de Compostela. O aforo estaba limitado a 40 prazas, polo que foi necesaria a inscrición previa.

Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)