O CIPX (Centro de Interpretación dos Parques e Xardíns) acolleu, durante o curso escolar 2016-17, o programa formativo Unha Mañá en Belvís, consistente nunha actividade destinada ao alumnado de primaria dos centros educativos. Foi organizada por Ferrovial Servicios, en colaboración co IBADER (Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural) e o Concello de Santiago. Aplicouse unha metodoloxía activa, investigativa e participativa, para axudar a coñecer mellor o medio natural e social, e deste xeito comprender as relacións de interdependencia das persoas co mesmo.
Os participantes foron guiados por monitores ambientais que os acompañaron durante toda a actividade, na que participaron nunha charla divulgativa, unha visita didáctica ao Parque de Belvís e ás hortas municipais, e a realización dun obradoiro práctico. A oferta de actividades foi a seguinte:
Charlas divulgativas:
- As aves dos nosos parques e xardíns
- A vida nos ríos galegos e nos ríos Sar e Sarela
- Iniciación ao mundo dos cogomelos
- A vida nos bosques do noso concello e a importancia da súa conservación
Obradoiros prácticos:
- Construción de caixas-niño para paxaros e morcegos
- Obradoiro de pegadas de animais
- Obradoiro de estampado con follas de árbores autóctonas
Nesta actividades participaron 985 alumnos de 12 centros educativos composteláns.
INFO
PDF