image
Universidade de Verán 2018: Xardinería e paisaxismo en Galicia
26 Xuño, 2018

O Centro de Interpretación dos Parques e Xardíns (CIPX) acollerá dos días 16 a 19 de xullo, o curso de verán organizado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), Xardinería e paisaxismo en Galicia: recursos e novos enfoques, no que os espazos verdes de Santiago serán os protagonistas nunha das xornadas.

O obxectivo deste curso é coñecer os aspectos de maior relevancia no eido da xardinería en Galicia, orientado cara o paisaxismo, a conservación e o cambio climático. No percurso, introdúcese a xardinería a través da súa historia, o coñecemento dos principais recursos en materia de xardíns de Galicia e a toma de conciencia da importancia e os beneficios destas infraestruturas verdes en relación coa conservación da biodiversidade, da paisaxe e da calidade de vida.

Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)