image
Verán 2021 | Actividades nos espazos verdes
26 Xullo, 2021

Ferrovial Servicios, como concesionaria do Servizo de Mantemento, Conservación e Mellora dos Espazos Verdes e Arboredo Urbano do Concello de Santiago de Compostela, realiza unha continua programación de actividades, educación e sensibilización ambiental no CIPX (Centro de Información dos Parques e Xardíns).

Os obxectivos deste plan son os seguintes:

  • Fomentar prácticas, comportamentos e actitudes ambientais entre a cidadanía.
  • Promover a información, a concienciación e a sensibilización da poboación sobre o medio e a importancia dos espazos verdes na cidade.
  • Contribuír ao espírito de responsabilidade e solidariedade que garante a conservación e mellora do medio.

ACTIVIDADES
Prográmanse unha serie de actividades dirixidas a todo tipo de público e idades. As actividades terán lugar, durante os meses de agosto e setembro, de luns a venres e a duración das mesmas será dunhas 2,5 horas, comezando ás 11:00 e rematando cara as 13:30. Todas as actividades están conducidas por educadores ambientais do CIPX, e dependendo da idade e coñecemento dos asistentes, estas adaptarase segundo ás necesidades dos asistentes. As actividades propostas son:

  • Expedición botánica por Belvís
  • Plantas medicinais: identificación, usos e preparación
  • Plantas silvestres: identificación, usos e preparación
  • Roteiros guiados polos espazos verdes
veran_2021_cartel

EXPEDICIÓN BOTÁNICA POR BELVÍS
Actividade práctica que se traballará no marco simbólico dunha expedición botánica. Os participantes converteranse nos descubridores de especies vexetais mentres aprenden como eran e a importancia que tiveron botánicos galegos como Baltasar Merino, o maior coñecedor da flora galega, e ao que se lle dedicou o Día da Ciencia no 2017. Realizarase un percorrido botánico, intercalado con xogos de pistas, polo Parque de Belvís. Usaranse métodos “tradicionais” para a identificación de especies, como é o uso guías de campo, mais tamén se empregarán ferramentas dixitais. Empregando estas novas ferramentas, porase aínda máis de manifesto a importancia que tiveron os botánicos galegos pioneiros como Baltasar Merino ou o Pai Sarmiento. Os contidos que se tratarán neste percorrido botánico son:

  • As plantas como seres vivos.
  • As partes dunha planta.
  • Árbore, arbusto ou herba?
  • Xardinería VS Natureza espontánea: céspede segado VS pradaría naturalizada, plantacións VS vexetación espontánea…
  • Tipoloxías de plantas: aromáticas, gateadoras, arbustivas, herbáceas, acuáticas…
  • A idade das árbores: contabilizarase a idade das árbores contando os aneis nun tronco cortado.
  • Usos das plantas: medicinais, téxtiles, curtido do coiro, leña, construción…
  • Identificación de árbores, arbustos ou herbas mediante o uso dunha guía de campo.
  • Identificación de árbores, arbustos ou herbas usando aplicacións para móbil: ArbolApp e PlantNet. O educador ambiental levará unha tableta para ensinar aos asistentes estas aplicacións, na que a primeira identifica a árbore facendo unha busca guiada, e a segunda identifica unha especie vexetal a partir dunha imaxe. Para un mellor desenvolvemento da actividade, no momento de inscrición das persoas, comentaráselle a posibilidade de que instalen ditas aplicacións no seu dispositivo móbil.

Agosto: 2, 10, 18 e 26   |   Setembro: 3, 8 e 13

veran_2021_expedicon

PLANTAS MEDICINAIS: IDENTIFICACIÓN, USOS E PREPARACIÓNS
Desde a Prehistoria, empregáronse as plantas para tratar toda clase de enfermidades debido ás súas propiedades calmantes, anestésicas, antisépticas ou vulnerarias. As especies vexetais recollíanse para ser empregadas nunha serie de problemas de saúde, tomadas como infusión ou aplicadas como locións.

Comezarase cunha explicación na que se incentivará a participación dos asistentes sobre os usos medicinais das plantas. Esta charla poderá contar, en caso de choiva, con apoio audiovisual a desenrolar na sala de usos múltiples do CIPX. Posteriormente, realizarase un itinerario botánico polo Parque de Belvís na procura das plantas medicinais presentes na contorna do CIPX. Os monitores ambientais dará explicacións para a súa identificación, propiedades, recolección e elaboración de remedios.

Agosto: 4, 12 e 20    |   Setembro: 1 e 6

veran_2021_medicinais

PLANTAS SILVESTRES: IDENTIFICACIÓN, USOS E PREPARACIÓNS
Nesta actividade, explicaráselle aos asistentes a multitude de usos que poden ter as plantas. Para isto, farase un itinerario botánico polo Parque de Belvís no que se falará dos usos das plantas en xeral, no que os visitantes colocarán tarxetas cos símbolos sobre os seus usos para identificalos. Desta maneira lograrase unha maior interacción coas plantas e un método visual de asociación cos seus usos. Posteriormente, a actividade centrarase na importancia de moitas das plantas que medran silvestres nas zonas verdes, que poden empregarse para a alimentación, elaborando con elas menús orixinais e saudables, moitos xa coñecidos na antigüidade.

Agosto: 6, 11, 17, 23 e 30   |   Setembro: 9

veran_2021_silvestres

ROTEIROS GUIADOS POLOS ESPAZOS VERDES
Redescubre os espazos verdes, camiña pola beira dos ríos e sube até os montes da cidade, nunha serie de percorridos guiados:

  • Alameda, Campus Sur e San Lourenzo > 3 e 31 de agosto > ás 11:00 horas na Estatua de Maruxa e Coralia
  • Monte Pedroso: Selva Negra e Granxa do Xesto > 5 de agosto > ás 11:00 horas no cruceiro do Monte Pío
  • Bosque de Galicia e Monte do Viso > 9 de agosto > ás 11:00 horas na entrada do Multiusos Fontes de Sar
  • Belvís, Bonaval e Almáciga > 25 de agosto > ás 11:00 horas no CIPX de Belvís
  • Galeras, Finca do Espiño e Vista Alegre > 19 de agosto e 10 de setembro > ás 11:00 horas na entrada do CEIP Raíña Fabiola
  • Río Sar: Brañas de Sar, Eugenio Granell e Banquete de Conxo > 24 de agosto e 7 de setembro > ás 11:00 horas no CIPX de Belvís
  • Río Corgo: Salgueiriños, Parque Pablo Iglesias e Música en Compostela > 27 de agosto > ás 11:00 horas diante do edificio de Facenda
  • Río Sarela: Carme de Abaixo-Ponte Sarela > 2 e 14 de setembro > ás 11:00 horas na entrada do CEIP Raíña Fabiola
veran_2021_roteiros

INSCRICIÓNS E CONTACTO
Manda un correo electrónico a mlois@ferrovial.com indicando o nome e apelidos das/os asistentas/es, o DNI e un teléfono/s de contacto. Tamén podes chamar ao teléfono 600927589.

+INFO
Facebook   |   Twitter   |   Instagram

DESCARGA AS APLICACIÓNS
ArbolApp
Google Play [+]
Apple Store [+]

PlantNet
Google Play [+]
Apple Store [+]

TRÍPTICO INFORMATIVO
Verán 2021 | Actividades nos espazos verdes [+]

Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)