image
Verán en Belvís 2020
25 Xuño, 2020

Ferrovial Servicios, como concesionaria do Servizo de Mantemento, Conservación e Mellora dos Espazos Verdes e Arboredo Urbano do Concello de Santiago de Compostela, realiza unha continua programación de actividades, educación e sensibilización ambiental no CIPX (Centro de Información dos Parques e Xardíns de Compostela).

Os obxectivos deste plan son os seguintes:

  • Fomentar prácticas, comportamentos e actitudes ambientais entre a cidadanía.
  • Promover a información, a concienciación e a sensibilización da poboación sobre o medio e a importancia dos espazos verdes na cidade.
  • Contribuír ao espírito de responsabilidade e solidariedade que garante a conservación e mellora do medio.

ACTIVIDADES
Prográmanse unha serie de actividades dirixidas a todo tipo de público e idades, especialmente pensada para nenos, que poderán asistir acompañados ou sos. As actividades terán lugar, durante os meses de xullo, agosto e inicios de setembro, de luns a venres e a duración das mesmas será dunhas 2.5 horas, comezando ás 11:00 e rematando cara as 13:30. Todas as actividades están conducidas por educadores ambientais do CIPX, e dependendo da idade e coñecemento dos asistentes, estas adaptarase segundo ás necesidades dos asistentes. As actividades propostas son:

  • Escape Room Parque de Belvís
  • Plantas medicinais: identificación, usos e preparación
  • Plantas silvestres: identificación, usos e preparación
veran_en_belvis_2020_cartel

ESCAPE ROOM PARQUE DE BELVÍS
Orientada tanto a nenas e nenos, como tamén equipos mixtos nos que os adultos poden acompañar ao menor. Comezarase cunha explicación na que se incentivará a participación dos asistentes. Tratará sobre o Parque de Belvís e a súa contorna: introdución histórica, elementos vexetais, esculturas, obras realizadas no parque, mercado Entre Lusco e Fusco, hortas urbanas municipais, labirinto de camelias… Esta charla poderá contar, en caso de choiva, con apoio audiovisual.

Posteriormente, realizarase o Escape Room mediante xogos de pistas en Belvís, na contorna do CIPX. Esta actividade é lúdica e cooperativa, na que se busca o coñecemento da contorna natural e o emprego de ferramentas de orientación.

veran_en_belvis_2020_escape_room

PLANTAS MEDICINAIS: IDENTIFICACIÓN, USOS E PREPARACIÓNS
Desde a Prehistoria, empregáronse as plantas para tratar toda clase de enfermidades debido ás súas propiedades calmantes, anestésicas, antisépticas ou vulnerarias. As especies vexetais recollíanse para ser empregadas nunha serie de problemas de saúde, tomadas como infusión ou aplicadas como locións.

Comezarase cunha explicación na que se incentivará a participación dos asistentes sobre os usos medicinais das plantas. Esta charla poderá contar, en caso de choiva, con apoio audiovisual a desenrolar na sala de usos múltiples do CIPX. Posteriormente, realizarase un itinerario botánico polo Parque de Belvís na procura das plantas medicinais presentes na contorna do CIPX. Os monitores ambientais dará explicacións para a súa identificación, propiedades, recolección e elaboración de remedios. Para finalizar, os asistentes recolleran as súas macetas con mostras das diferentes plantas medicinais tratadas durante esta actividade.

veran_en_belvis_2020_medicinais

PLANTAS SILVESTRES: IDENTIFICACIÓN, USOS E PREPARACIÓNS
Nesta actividade, explicaráselle aos asistentes a multitude de usos que poden ter as plantas. Para isto, farase un itinerario botánico polo Parque de Belvís no que se falará dos usos das plantas en xeral, no que os visitantes colocarán tarxetas cos símbolos sobre os seus usos para identificalos. De esta maneira lograrase unha maior interacción coas plantas e un método visual de asociación cos seus usos. Posteriormente, a actividade centrarase na importancia de moitas das plantas que medran silvestres nas zonas verdes, que poden empregarse para a alimentación, elaborando con elas menús orixinais e saudables, moitos xa coñecidos na antigüidade.

SONY DSC

INSCRICIÓN E CONTACTO
661 406 965
ilopez@ferrovial.com

981 542 486
nm.garcia.gomez@ferrovial.com

+INFO
Facebook   |   Twitter   |   Instagram

TRÍPTICO INFORMATIVO
Verán en Belvís [+]

Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)