Visita á exposición «Lobo: Vida Salvaxe e Mundo Rural»
18 Setembro, 2017
Os Centros Educativos que o soliciten poderán visitar a exposición que acolle o CIPX de Belvís ata finalizar o mes de outubro, que trata sobre diferentes aspectos relacionados cos lobos:
- Características morfolóxicas, hábitat, costumes, alimentación, reprodución, as diferentes subespecies de lobos existentes no mundo,…
- A importante pegada do lobo na nosa cultura desde a prehistoria: contos, mitos, lendas,…
- Os problemas de convivencia do lobo e o mundo rural
As visitas son guiadas por unha monitora encargada de explicar os contidos e resolver as dúbidas do alumnado e do profesorado, empregando para iso diferentes medios audiovisuais cos que ilustrar as explicacións.
A actividade ten unha duración aproximada dunha hora, podendo acurtarse ou alongarse dependendo da idade dos participantes.