O CIPX (Centro de Interpretación dos Parques e Xardíns) colaborou nas actividades municipais organizadas durante o verán desenrolando itinerarios, visitas e percorridos guiados polas zonas verdes de Santiago, coa finalidade de proporcionar á cidadanía unha información dos valores naturais e a relevancia dos xardíns na mellora da calidade de vida das poboacións urbanas e a conservación do medio ambiente.
Esta divulgación medioambiental é complementada mediante a difusión histórica e patrimonial que posúen os parques e xardíns da cidade, así como dos monumentos que se complementan e relacionan cos espazos verdes.
Os parques e xardíns de Compostela constitúen un excelente espazo para gozar do medio natural da nosa cidade. Do 17 de xullo ao 30 de setembro do 2017, realizáronse visitas guiadas para descubrir o patrimonio ambiental e histórico dos parques e xardíns urbanos. Fixéronse percorridos nos que se explicaron aspectos de botánica, patrimonio histórico e natural, ecoloxía e outros temas específicos de cada zona verde. Realizáronse visitas guiadas aos seguintes parques:
- Parque de San Domingos de Bonaval
- Parque da Alameda
- Finca do Espiño
- Parque de Vista Alegre (Finca Simeón)
- Parque de Eugenio Granell
- Parque de Brandía
Tamén dende o 17 de xullo ao 30 de setembro do 2017, fixéronse roteiros naturais guiados a través dos principais espazos verdes máis próximos ao núcleo urbano, e nas que se buscou iniciar ao usuario na práctica do sendeirismo, así como a observación, sensibilización e coñecemento do medio natural. Procurouse a utilización das rutas peonís xa establecidas para facilitar a orientación, aproveitar os recursos patrimoniais e contribuír á utilización destes sendeiros. Realizáronse visitas guiadas aos seguintes espazos verdes:
- O río Sarela: de Galeras ao Romaño
- O río Galeras: de Galeras a San Lourenzo
- O río Corgo
- Granxa o Xesto e Selva Negra
DESCARGAS: