image
Xornadas do Sindicato Labrego no CIPX
23 Xuño, 2022

Durante o mércores 22 e o xoves 23 tivo lugar un evento no Centro de Interpretación de Parques e Xardíns (CIPX) organizado polo Sindicato Labrego.

Estas xornadas consisten na celebración dun grupo de traballo europeo, reunido co gallo de facer propostas de transición a un modelo agroecolóxico, de coidado co medioambiente e coas persoas traballadoras en contraposición coa producción agroindustrial.

As características deste evento son as que seguen:

Encontro de Grupos de Traballo de ECVC e Aliados sobre a loita contra o modelo de agricultura agroindustrial

  • Obxectivo Xeral

Analizar e visibilizar as consecuencias do modelo agroindustrial en canto a explotación laboral, danos medioambientais e ataque ó campesiñado, así como elaborar propostas de transición hacia un modelo agroecolóxico respetuoso dos dereitos campesiños, das persoas traballadoras e da nai terra.

  • Obxectivos Específicos

– Dar seguemento ás iniciativas de análise e incidencia contra empresas agroindustriais dos eixos de Presión Comercial e Coordinación Sindical do GT Migración e Traballo Rural de ECVC, en pos das reivindicacións e loitas polos dereitos das persoas traballadoras e migrantes rurais.
– Analizar o modelo agroidustrial dende as perspectivas da produción campesiña, os dereitos laborais, medioambientais, das mullers e da soberanía alimentaria dos pobos, elaborando propostas de transición hacia a agroecoloxía como xeito de garantir o seu respeto.

  • Participantes

– Membros dos GGTT Migración e Traballo Rural, Agroecoloxía, Sementes e Clima de ECVC.
– Aliados europeos e do estado español nos ámbitos medioambientais, feministas e labregos.

Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)